@ Artellando e-solucións

Solucións informáticas a medida

XestaBus: aplicación de xestión de viaxes en autobús

XestaBus é unha aplicación que permite organizar e xestionar os datos relacionados coa organización de viaxes en autobús: orixe, destino, prezos, viaxeiros, autobuses, pagamentos, e ata a organización por habitacións dos pasaxeiros.

Información do proxecto

Última versión
1.1.1
Data
10/10/2019
Créditos
Deseño do logo e da portada por Sonia Díaz

¿Que é XestaBus?

XestaBus é unha aplicación que permite organizar e xestionar os datos relacionados coa organización de viaxes en autobús: orixe, destino, prezos, viaxeiros, autobuses, pagamentos, e ata a organización por habitacións dos pasaxeiros.

¿Que podo facer con XestaBus?

Crea viaxes: asigna datas, prezos de reserva e total. Se a viaxe ten pernoita, engade o número de noites e o prezo do suplemento por habitación individual.

Engade tódolos autobuses que precises, e co número de prazas que desexes

Asigna viaxeiros a cada bus sobre o plano de asentos

Se a viaxe ten pernoita, organiza os viaxeiros por habitacións

Imprime recibos de pago para os viaxeiros

Leva o control do recadado e do estado de ocupación dos autobuses

¿Quen usa XestaBus?

Actualmente, son usuarios de XestaBus:

Interésame XestaBus: ¿como podo conseguilo?

Contacta con nos para solicitar unha demostración. ¿Achégase ao que precisas, pero necesitaría adaptación? Estaremos encantados de escoitar as túas necesidades e de facerche unha proposta que as poda satisfacer.

Axudas á promoción do emprego autónomo

Operación cofinanciada pola Unión Europea

PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020


Obter formación e un emprego de calidade

O FSE Inviste no teu futuro